O Goberno Local presentará unha queixa oficial á empresa encargada do alumeado

Pontevedra> O alumeado de Nadal tampouco gusta no concello de Pontevedra. Dende o Goberno Local veñen de presentar unha queixa oficial á empresa encargada de dita iluminación. Un alumeado, que segundo Anabel Gulías, non cumpre coas expectativas dos pontevedreses. As luces de Nadal da cidade parece que non convencen nin aos veciños nin ao Concello de Pontevedra. Dende o Goberno Local presentaron unha queixa oficial á empresa que coloca a iluminación, o centro desa queixa está na árbore da Ferrería, sobre a mesa Anabel Gulías agarda que se poida substituír ou completar. Un alumeado que conta cun investimento de 80 mil euros, por dous anos, e para todas as festas da cidade. Segundo Anabel Gulías que sexa un prezo económico non significa que teña un nivel de deixadez. En relación ás actividades de Nadal este ano chegarán con algunha que outra novidade, entre elas coa nova visión que se lle dará á carpa comercial situada na Praza do Teucro, que este ano recibirá o nome de Nadaladas. O Pontexogos estará na Praza de España dende o 15 de decembro ao 4 de xaneiro, o Nadal ocio no recinto feiral estará instalado do 22 de decembro ao 7 de xaneiro. E ademais haberá moitas actividades culturais como as panxoliñas de taberna o 22 de decembro e actividades deportivas como a San Silvestre o día 31 de decembro.