‘In vino veritas’ ou a crítica ó mundo do ‘telelixo’

invinoveritas copia.jpg SANXENXO> O escritor vigués Francisco Castro presentou a súa última novela, unha obra policiaca na que cuestiona a actual forma de facer televisión.

{flowplayer}images/salnes/NOVELA_SANXENXO_VERITAS.flv{/flowplayer}

A busca dun adegueiro que leva semanas desaparecido é o punto de partida que emprega Francisco Castro para construír unha severa crítica ó tipo de televisión que se fai hoxe en día, ós programas de contos e rumores inzados de famosos que pretenden actuar como xornalistas cando en realidade non o son.

‘In vino veritas’ é a última novela deste vigués que conta no seu palmarés con recoñecementos como o Premio Blanco Amor de novela longa ou o Lueiro Rey de curta. Francisco Castro traballa no eido da comunicación e da xestión cultural, e foi un dos primeiros autores galegos en promover o uso da Internet para a animación á lectura coa creación no seu día do blog ‘A canción do náufrago’.

Redacción Salnés