O 39% do alumnado da provincia manifesta que presenciou acoso escolar

Pontevedra> Dende a Universidade de Vigo realizaron un estudo sobre o acoso escolar na provincia de Pontevedra. Un traballo que ratifica que o 39% do estudantado de secundaria presenciou nalgún momento acoso escolar. Un problema, do que din, é difícil de detectar xa que a vítima non o denuncia. Por iso, os profesionais que traballaron neste estudo, din que o importante a día de hoxe é tratar este problema dende o propio centro con grupos de apoio. 

 

Un informe da Unión Europea confirma que o 70 por cento do alumnado sufriu ou sofre acoso escolar. Dentro dese estudo España ocupa o posto número 4, un dato alarmante que sitúa o noso país como nun dos que máis sofre este problema en Europa. 

O grupo CIES da Universidade de Vigo realizou un estudo do acoso escolar na nosa provincia. En centros privados e públicos. E dende este estudo deixan claro que o problema do acoso escolar é algo que hai que tratar dende o propio centro con grupos de apoio. 

Un estudo, o da nosa provincia, que ratifica que son máis os alumnos varóns os que sofren acoso escolar que as mulleres. E que entre os dous xéneros non sofren o mesmo acoso nin agriden do mesmo modo. 

O acoso é unha agresión continuada no tempo, unha agresión que lamentablemente a maioría das vítimas non denuncian a día de hoxe. 

Este estudo realizado pola Universidade de Vigo tamén confirma que o 22.6 por cento das rapazas sufriron ou sofren acoso sexual e o 39 por cento do alumnado manifesta que presenciaron nalgún momento acoso escolar.  Un conflito, o do acoso escolar, que non é maior nos centros públicos, é máis segundo este estudo dase un pouco máis nos centros privados.  Con todo, o importante e que os centros sexan capaces de ser sensible a este problema é que teñan un grupo de traballo que día a día analice o acoso escolar e trate de buscar solucións dento do seu centro. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/06/acoso_escolar_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/06/acoso_escolar.mp4{/flowplayer}