A ANPA de ‘O Grupo’ denuncia os riscos das obras na entrada do centro

    protestaanpaogrupo100__210607.jpgRIBEIRA > A ANPA do Colexio O Grupo denuncia os problemas de acceso ó centro que están a causar as obras iniciadas nas súas inmediacións.

    Hai dúas semanas, e sen previo aviso á dirección do centro, os operarios contratados polo concello comezaron a traballar nas inmediacións do Colexio ‘O Grupo’. Dende entón, os escolares que acoden a diario a clase teñen que acceder ó interior do centro nas condicións que están a ver, sorteando os obstáculos das obras e sen que os operarios deixen de traballar.

    As obras motivaron o peche da entrada principal, na Rúa Miguel Rodríguez Bautista, polo que se procedeu á apertura dunha porta lateral na Rúa Canarias, ata a que se accede por un pequeno paso habilitado en medio das obras. Este camiño é practicamente intransitable para as persoas maiores ou as que levan carriños de bebé, polo que se ven obrigados a pasar polo medio da estrada, onde é frecuente a presenza de maquinaria e vehículos pesados.

    protestaanpaogrupo_200_210607.jpgAdemais dos riscos que esta situación supón apra a seguridade dos máis de 450 alumnos que cursan estudos no centro, a ANPA denuncia as molestas consecuencias das obras no desenvolvemento diario das clases. O constante ruído da maquinaria obriga a mante-las portas e fiestras das aulas pechadas, stuación que se agrava aínda máis nos días de calor.

    Actuación necesaria

    Os pais non entenden porque o concello decidiu inicia-las obras dúas semanas antes do fin de curso, en lugar de agardar ó remate das clases. A este respecto, o executivo informou de que era necesario inciar as obras nesa zona debido a que, ademais da mellora das beirarrúas, estanse a instalar as canalizacións polo que non se poden saltar tramos.

    Ademais dende o concello insisten en que sempre se tentou coordinar o desenvolvemento das obras co centro educativo e informouse á dirección dende o primeiro día en que se iniciaron os traballos. Aínda así, o goberno local é consciente das molestias que supoñen as obras pero lembra que son necesarias para a mellora da calidade de vida dos veciños.

    Redacción Barbanza