Alfaia celebrará o samaín en Ribeira con catro días de actividades

RIBEIRA> A Asociación Alfaia, en colaboración co concello de Ribeira, programou un extenso programa de actividades para celebrar o samaín. Obradoiros, decoración, baile e disfraces ocuparán a carpa do espazo de usos múltiples dende o xoves ó domingo. Hai preto dunha década que a asociación Alfaia prpomove a celebración do samaín en Ribeira. Nos seus inicios, as actividades limitábanse á decoración de espazos públicos pero na actualidade a celebración inclúe un completo programa de catro días. Arrancan o xoves pola tarde coa exposición de decoración no espazo de usos múltiples e a actuación da escola de baile de Alfaia. O domingo a exposición de decorados permanecerá aberto en horario de mañá, entre as doce e as tres. Tódalas actividades desenvolveranse na antiga carpa do mercado e serán de balde.