“Ana” permite que o Lérez conte cun caudal catro veces maior á media nesta época do ano

Pontevedra> A cicloxénese explosiva Ana deixou 52 intervencións directas no concello de Pontevedra. O voceiro do Goberno Local informou de que se tratou, en todos os casos, de incidencias menores. E debido a este temporal, a situación da seca vaise recuperando, o caudal do río Lérez conta con 60,86 metros cúbicos segundo, catro veces máis que na mesma época o pasado ano. A cicloxénese Ana deixou máis de 150 chamadas á policía Local de Pontevedra e 52 intervencións no concello. Pese a isto o voceiro do Goberno Local informou de que foron todas incidencias de carácter menor. O que tamén trouxo a cicloxénese fou auga, o Pontillón está na actualidade ao 100 por cento de reservas polo que se está tirando de él nestes días de choiva para consumir esta auga e non estragala. Unha xornada, a de onte, onde o Lérez contou cunha altura, en momentos puntuais de 6 metros. O caudal do río Lérez esta mañá estaban en 60,86 metros cúbicos por segundo, catro veces máis na media coa que conta esta época do ano. Con esta situación as medidas adoptadas pola alerta de seca levántanse no concello de Pontevedra. Un concello que seguirá tirando nestes días do Pontillón do Castro, no momento que baixe ao 95 por cento volvería a tirar do Río Lérez.