20 emprendedores pechan a súa etapa de formación no Coworking EOI Pontevedra

BARRO> O Coworking EOI Pontevedra remata a súa terceira edición. Con este proxecto búscase fomentar o emprendemento e aumentar as posibilidades de éxito dos negocios. 20 participantes presentaron hoxe os seus proxectos empresarias.

A Escola de Organización Industrial en colaboración coa Deputación de Pontevedra organizan o programa coworking EOI Pontevedra. O obxectivo é fomentar o emprendemento e aumentar a posibilidade de éxito dos negocios. Os 20 proxectos pecharon hoxe a súa participación no programa formativo.

Durante 5 meses os participantes asistiron a diferentes talleres, actividades de formación en grupo, sesións con expertos e eventos encamiñados a potenciar o networking e compartir as boas prácticas.

Coa xornada de hoxe pecha a súa etapa de formación e comezan a actividade empresarial.

A pesar de finalizar o programa, dende EOI aseguran que seguirán colaborando cos emprendedores para axudarlles para que sigan adiante ca súa actividade empresarial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí