O Supremo admite a trámite o recurso de ENCE contra unha das sentenzas da Audiencia Nacional que anulan a súa concesión

PONTEVEDRA> Admitido a trámite o recurso de casación de ENCE contra unha das sentenzas que aulan a súa concesión. O Tribunal Supremo refírese, en concreto, á sentenza da Audiencia Nacional  sobre o recurso presentado por Greenpeace. O Alto Tribunal admite tamén o recurso doustros dez colectivos, entre os que están os comités de empresa e o Porto de Marín.

Dende a pasteira consideran que esta é unha nova importante para a compañía, que se mantén no que xa dixera o pasado verán. A súa intención é esgotar todas as vías posibles para poder continuar en Lourizán. No auto remitido polo Supremo, faise referencia a unha sentenza recente deste Tribunal sobre unha concesión situada en dominio público marítimo-terrestre en Murcia. Neste caso, considerárase licita a prórroga concedida á compañía.

A decisión da sala chega un día despois de que ENCE puxera data de caducidade á fábrica de Pontevedra. Segundo asegurara onte a pasteira, se o Tribunal non chega a aceptar os recursos presentados a factoría pecharía entre os anos 2023 e 2024, como se recollía nun informe presentado ante a Comisión Nacional do Mercado de Valores. A compañía afirma que no 2021 pechou o ano con perdas de 190 millóns de euros.

Reaccións á decisión do Tribunal Supremo

Dende ENCE, celebran que o Tribunal Supremo admita a trámite o seu recurso contra a sentenza da Audiencia Nacional. Pero a decisión non sorprendeu no concello de Pontevedra.

Hoxe a concelleira Carme da Silva asegurou que os servizos xurídicos municipais levan tempo traballando nos argumentos legais contra eses recursos, e que confían en que na súa sentenza final o Tribunal Supremo se limite aos elementos xudiciais.

Tampouco houbo sorpresa no Goberno central.  Segundo o delegado en Galicia, é lóxico e coherente dentro da legalidade española que o Supremo admita a trámite o recuso da empresa. Así as cousas, José Miñones explicou que o executivo seguirá traballando na busca de alternativas por se o fallo da Audiencia Nacional pasa a ser definitivo e ENCE ten que abadonar Lourizán. Unha tarefa na que haberá novidades neste primeiro semestre.

Dende o Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez amosou a súa satisfacción pola decisión do Supremo. Iso si, pediu prudencia xa que, asegurou, é un paso importante pero non definitivo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí