Poio celebra un ‘día histórico’ cunha sinatura que abre a illa de Tambo á cidadanía

POIO> A illa de Tambo xa depende do concello de Poio. Esta mañá asinouse o acordo de cesión demanial, que permitirá que 70 anos despois se faga realidade unha demanda histórica da cidadanía. Co documento asinado esta mañá, queda garantido que os usos turísticos que se desenvolverán serán de carácter social, cultural ou ambiental. Protexendo a illa de calquer intento de especulación urbanística.

Día histórico para Poio: Tambo xa depende do concello. Esta mañá, o ministerio de Defensa e o goberno local asinaron a concesión demanial que permite que a illa sexa de uso público.

Hai 70 anos que a illa pertencía ao Ministerio de Defensa, que impedía o acceso libre a Tambo. Con este acordo, durante 25 anos dependerá do concello, aínda que a intención é que pase a ser pública definitivamente.

No convenio quedan garantidos os usos turísticios que se desenvolverán na illa, que terán que ser de carácter social, cultural ou ambiental. Tamén se protexe a Tambo de calquera intento de especulación urbanística.

Este acordo é posible grazas á colaboración entre as administracións.  A partires de agora, dependerá do concello potenciar e coidar este enclave, nunha tarefa na que agardan se manteña esta boa sintonía.

A desta mañá foi a primeira visita de moitas que recibirá a illa de Tambo. A intención do goberno local é que poidan comezar no mes de maio. Iso si, sempre con autorización previa por parte do concello para garantir o coidado e a preservación deste tesouro ambiental que xa é público.