As melloras en San Lázaro e Labarta serán as principais prioridades do NO.I.A. para 2018

    NOIA> Noieses Independentes Agrupados dá así resposta a varios dos compromisos adquiridos cos propios veciños destas dúas zonas. Incluídas xa nos orzamentos do ano que vén, e despois de adquirir os correspondentes compromisos cos residentes destes dous barrios, San Lázaro e Labarta, hoxe en día dúas da zonas con maior concentración de veciños, Noieses Independentes Agrupados deu a coñecer varias das obras que se executarán en 2018. Entre outras actuacións en San Lázaro está previsto a instalación da cuberta á unha das partes da ponte, a reforma da praza das Américas e a mellora das rúas Xoaquín Agra Cadarso e Xosefa Romero Liñares . En canto a Labarta, á espera da apertura da rúa que uniría a rúa Antón Avilés de Taramancos co Mercadona, desenvolveríase a tan ansiada área deportiva. A finalización do proxecto do Portas ó Mar, a construción do paseo marítimo do Campo de Noia ó Peirao do Marqués, á espera do seu inicio por Costas do Estado, ou a erradicación dos numerosos puntos de vertido existentes ó longo do municipio serían tamén algunhas das súas principais prioridades de cara ó próximo ano.