A Marea pide un cambio na xestión do aparcadoiro de Xuíz Falcone

    NOIA> A Marea Cidadá de Noia insta ó goberno a modificar a ordenanza de xestión do aparcadoiro da rúa Xuíz Falcone para dinamizar o seu uso por parte dos cidadáns. Entenden que non existe demanda suficiente para o alugueiro de prazas polo que as instalacións están infrautilizadas. Un día despois da entrada en vigor da ordenanza de xestión do aparcadoiro na rúa Xuíz Falcone, a Marea cidadá de Noia critica a inoperatividade desta instalacións. Solicitan ó goberno un cambio no modelo de xestión, asumindo o pago directo do IVE, de xeito que os cidadáns teñan acceso ó servizo de aparcamento, eliminando o sistema de alugueiro de prazas. De non optar por esta vía, a Marea propón a instalación dun servizo similar ó da ORA, con estacionamento limitado temporalmente a un prezo competitivo. Critican ademais que a construción do aparcadoiro supuxo o peche da rúa Pedra Sartaña ata Besteiros co que, lonxe de alixeirar o tráfico, está a contribuír a unha maior conxestión de vehículos nestas rúas.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí