A reforma da estrada vella de Marín estará rematada a finais de 2024

PONTEVEDRA> A reforma da estrada vella de Marín estará rematada a finais de 2024 ou principios de 2025. Son os cálculos que manexa a Xunta de Galicia para o chamado Eixo de Mobilidade Sostible na PO-546. A intención do goberno autonómico é sacar a licitación algunhas das actuacións englobadas no proxecto esta mesma semana. Recordemos que o orzamento total da reforma achégase aos 10 millóns de euros.

Entre finais de 2024 e o primeiro trimestre de 2025, a coñecida como estrada vella de Marín locerá o seu novo aspecto. A Xunta de Galicia calcula que será nesas datas cando se remate o chamado Eixo de Mobilidade Sostible na PO-546.

Esta semana licitarase a segunda fase da remodelación da zona de Estribela e en abril será a quenda do treito entre Os Praceres e Mollavao. O proxecto ten un orzamento total próximo aos 10 millóns de euros.

A estrada pasará a contar con sendas peonís e ciclistas e con maior seguridade viaria. Tamén remodelaranse as paradas de autobús e instalaranse catro pasarelas de madeira, un miradoiro con zonas verdes e un aparcadoiro disuasorio con 71 prazas.

Actualmente, a Xunta xa está a executar a primeira fase da remodelación da estrada ao seu paso por Estribela.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí