María Rey pídelle ao novo ano que Jacobo Moreira sexa o candidato do PP en Pontevedra

Pontevedra> A voceira de Ciudadanos, María Rey, ofreceu nesta xornada un almorzo de Nadal. Alí, preguntada polos medios, deixou no aire a súa candidatura ás vindeiras eleccións. Ademas, Rey, dixo que un dos desexos que lle pedía ao novo ano é que Jacobo Moreira sexa o candidato do PP en Pontevedra, algo que considera, lle beneficiaría ao seu partido. Inmersos nas festas de Nadal, dende Ciudadanos ofreceron hoxe un almorzo para felicitar estas datas. A voceira deste partido falou ante os medios dos desexos que ten para o vindeiro ano, entre eles está que Jacobo Moreira sexa o candidato do PP ás vindeiras eleccións locais, algo que considera, beneficiaría ao seu partido. En relación a se será ela a candidata de Ciudadanos aos vindeiros comicios en Pontevedra, María Rey dixo que é algo que non ten nada claro a estas alturas da lexislatura. A súa candidatura, dixo, é algo sobre o que leva dubidando dende as pasadas eleccións. En relación a esa candidatura dixo que é algo que se decidirá a finais do vindeiro ano. Iso sí, sexa a número un ou non, María Rey, ten claro que continuará adicándose a política Local en Pontevedra, a política que máis lle gusta e onde máis cómoda se sinte.