PONTEVEDRA> A reivindicacación da Axenda da Paridade marcará este ano a programación da Deputación de Pontevedra para o 8M. O goberno provincial preparou para conmemora-lo Día da Muller unha trintena de accións, espalladas ao longo de todo o mes de marzo. Todas elas contan coa participación de mulleres do movemento feminista, da empresa, da arte, da ciencia, da cultura, ou da universidade.
A Deputación de Pontevedra converteu en gala a presentación dos seu programa do 8M. Un acto, dixo a presidenta provincial, á altura das reivindicacións que lanza o seu goberno en materia de igualdade .
Nesta ocasión, o eixo do programa é a reivindicación da Axenda da Paridade, indispensable, dixo Carmela Silva, para chegar a unha igualade plena. Para iso, un amplo programa que se espallará ao longo de todo o mes de marzo.
En concreto, a programación para o 8M incluirá ata unha trintena de propostas, divididas en cinco exisos da Axenda da Paridade e na denuncia da infrarrepresentación das mulleres nos distintos eidos. Inclúe conferencias, exposicións, performances e o habitual despregue da pancarta no pazo provincial.
Ademais, atendendo á actualidade internacional, Carmela Silva aproveitou para amosa-lo rexeitamento da Deputación á guerra de Ucraína, lanzando unha reflexión: en toda a historia ningunha muller liderou nunca un conflito bélico.