Baixo o lema “o que máis me doe é como me miras” conmemórase o Día Internacional do Párkinson

Pontevedra> E neste 11 de abril connemórase o Día Internacional do Párkinson. Unha xornada que neste 2018 se engloba baixo o lema “o que máis me doe do párkinson é como me miras”. Con motivo deste día dende a asociación de Pontevedra organizaron unha xornada centrada nesta enfermidade que se celebraron no Hospital Provincial.

Neste 11 de abril e baixo o lema o que máis me doe do párkinson é como me miras conmemórase o día Internacional do Párkinson.

Na actualidade dende esta asociación teñen duas reivindicacións principais, a primeira, coñecer o número exacto de persoas que teñen párkinson a día de hoxe.

E a segunda reivindicación, reducir o tempo de agarda entre consultas que teñen que padecer os pacientes desta enfermidade.

Dende esta asociación teñen claro que un dos puntos máis importantes á hora de afrontar esta enfermidade e poñerse en contacto coa asociación máis próxima ao seu fogar.

Coincidindo con este día, dende esta asociación de Párkinson de Pontevedra, organizaron unhas xornadas no Hospital Provincial, co fin de achegar máis información sobre esta enfermidade a pacientes e a familiares.