PONTEVEDRA> Terceira xornada de protestas da comunidade educativa do colexio Froebel. Familias e alumnado están mergullados nos seus propios Mércores Negros. Mobilizacións que manterán, aseguran, ata conseguir que a Consellería de Educación se comprometa por escrito coa reforma da cuberta do centro. O seu deterioro preocupa especialmente estes días, cando se anuncia a chegada dunha forte borrasca a Galicia.
A chegada da borrasca Karlotta a Galicia obriga á comunidade educativa do colexio Froebel a volver mirar cara arriba. E non nos referimos ao ceo. Coas chuvias e o mal estado da cuberta do centro regresarán as filtracións.
Esta mañá, familias e alumnado celebraron a súa terceira xornada de mobilizacións. As protestas continuarán ata que consigan que a Consellería de Educación se comprometa por escrito a levar adiante a terceira fase da reforma do centro, que actuará no tellado.
A comunidade educativa insiste en que na situación actual o colexio non é seguro para a cativada.
O xefe territorial de Educación aseguroulles que as obras comezarán en 2024 e rematarán en 2025,cun investimento de 1,1 millóns de euros.