A asociación Mª del Carmen axuda a 280 familias a pasar un Nadal máis doce

Pontevedra> A Asociación María del Carmen Pérez, de Poio, axudará con alimentos a 280 familias da provincia de Pontevedra. Unha iniciativa que se leva a cabo grazas ao colaboración desinteresada de moitas empresas e de moitos particulares. Entre hoxe e mañá, as familias recollerán as dúas caixas de comida para celebrar estas festas de Nadal. 280 familias da provincia de Pontevedra pasarán un Nadal máis doce grazas a asociación María del Carmen Perez de Poio, que dende o mes de outubro está recadando alimentos para aqueles que máis o precisan. O longo do día de hoxe e mañá estas familias poderán recoller cada unha dúas destas caixas cheas de alimentos para celebrar o Nadal. Grazas a colaboración desinteresada de empresas e particulares este soño de Mari Carmen pode converterse ano tras ano, e xa van 18, nunha realidade Dende o concello, o seu alcalde estivo hoxe nas instalación desta asociación, por certo, cedidas de xeito desinteresado tamén polo concello de Poio. Para Luciano Sobral é unha horna contar con veciñas como Mari Carmen no seu concello. E esta non será a última campaña do Nadal, entre o 2 ao 5 de xaneiro tamén repartirán agasallos para que as súas Maxestades os Magos de Oriente deixen regalos a todos os nenos da provincia. Se queren colaborar con esta iniciativa pode donar os xoguetes que estén en bo estado neste punto do concello de Poio, no local situado xusto en frente de Casal de Ferreirós.