Os Reis Magos visitan o cole de Barcelos

Pontevedra> As súas maxestades os Magos de Oriente están cargando as pilas nestes días, o día 5 teñen que traballar arreo para repartir agasallos por todo o país. Pero antes desta longa noite, fixeron nesta xornada unha parada no CEIP de Barcelos, onde os máis pequenos puideron darlle a súa carta aos Reis Magos neste último día de cole para eles. Os pequenos xa desfrutan dende esta tarde das súas vacacións de Nadal, moitos están desexando que cheguen os Reis Magos e para facer máis doce esta espera as súas maxestades fixeron nesta xornada unha parada no CEIP de Barcelos. Os nenos tiñan moi claro quenes estaban de visita nesta xornada. E as súa maxestades aproveitaron a ocasión para enviarlle unha mensaxe aos nenos, o primeiro Gaspar. Logo Melchor quen nos dixo que os nenos de Pontevedra foron neste 2017 moi bos. E logo Baltasar quen ten moi claro que se deixarán moitos agasallos nesta provincia. E os máis pequenos encantados cos tres reis, ainda que o ser tres sempre hai un favorito ou preferido. O que teñen claro é cales son as súas peticións para este ano… Agardo que os Reis Magos tomasen boa nota de todas estas peticións e que estes pequenos desfruten destas datas tan máxicas para eles.