O 21 de xaneiro chega a Pontevedra unha nova edición dos Domingos do Principal

Pontevedra> Do 21 de xaneiro ao 11 de marzo o Teatro Principal acollerá unha nova edición dos Domingos do Principal. Unha cita destinada a toda a familia, especialmente aos peques da casa, que nesta décimo novena edición nos achegará 7 compañías e 17 funcións durante 7 domingos na Boa Vila. Un ano máis, e xa van 19, chega a Pontevedra un das citas culturais máis agardadas para os peques da casa, os Domingos do Principal, un dos festivais máis veteranos en Pontevedra. Este ano haberá 7 compañías, 17 funcións, 7 domingos de actuación en sesión de mañá e de tarde. Unha cita onde poderemos desfrutar do clown, do teatro de actor… de todas as vertentes que nos ofertan as artes escénicas. E como non por 21 euros poderán obter seu abono para 7 espectáculos, un agasallo orixinal e divertido para este Nadal. Dende o 21 ao 11 de marzo poden desfritar deste evento e mercar a súas entradas na web do Pazo, no facebook, en ticketea e como despacho físico terán o Pazo o Principal e a partir do 15 de xaneiro tamén a Casa da Luz.