Unidade en Pontevedra para recordar os 25 anos do asasinato de Miguel Ángel Blanco

PONTEVEDRA> Hoxe cúmprense 25 anos do secuestro e asesinato a mans de ETA de Miguel Ángel Blanco, concelleiro do Partido Popular de Ermua. A convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias tivo resposta en numerosos concellos da nosa contorna. Entre eles, o de Pontevedra. Ás 12 do mediodía, ás portas do edificio de Michelena 30, a clase política pontevedresa gardou cinco minutos de silencio no seu recordo.

Cinco minutos de silencio en recordo dun dos crimes de ETA que máis impactou á cidadanía. Hoxe, 13 de xullo, cúmprense 25 anos do secuestro e asesinato do concelleiro popular de Ermua Miguel Ángel Blanco.

O concello de Pontevedra respondeu así á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias. Unha representación dos concelleiros da corporación participaron no acto, ao que se sumaron varios deputados da Deputación de Pontevedra.

Sobre esta unión puxo o foco o líder do PP de Pontevedra. Rafa Domínguez celebrou que todas as forzas políticas participaran este minuto de silencio.

Sanxenxo, Poio, Vilagarcía e Cambados foron outros dos municipios que tamén secundaron a convocatoria da Federación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí