Mosquera “os debates internos do PSOE causaron disfuncións no Goberno da Deputación”

Pontevedra> Esta mañá o vicepresidente da Deputación ofreceu un almorzo informativo, alí Mosquera, asegurou que no mes de novembro os debates internos do PSOE causaron disfuncións no Goberno da Deputación. O vicepresidente tamén falou do Plan Revilatliza, da comarcalización do parque de bombeiros e da oposición, neste punto, Mosquera chegou a dicir que o discurso da Marea estase achegando sorprendentemente ao do PP.

O vicepresidente da Deputación ofreceu un almorzo informativo para falar da actualdiade do último semestre do 2017. Mosquera afirmou que no mes de novembro os debater internos no PSdeG- PSOE causaron certas disfuncións no goberno da Deputación.

Mosquera tamén falou da oposición da que dixo que non estaba nada centrada nos temas propios da Deputación e incluso chegou a afirmar que sorprendentemente o discurso do grupo Mixto da Marea se estaba achegando bastante ao do PP.

En relación á comarcalización do parque de bombeiros Mosquera foi claro, o vicepresidente considera que é un asunto do que se está falando moito pero ten claro que a Xunta de Galicia non vai a facer nada por dita comarcalización.

En relación ao Plan Revitaliza Mosquera dixo que está sendo un éxito, con 36 concellos adheridos aos sistema de compostaxe. Sobre este asunto o vicepresidente indicou que o compromiso dos gobernos locais é tratar o 75 por cento dos residuos orgánicos mediante aproveitamentos naturais durante os vinderios 4 anos.