Carmela Silva pide o cese de Alfonso Rueda pola súas críticas aos alcaldes da provincia

Pontevedra> Esta mañá a presidenta da Deputación deu a coñecer as primeiros datos sobre os danos que ocasionou a vaga de lumes na provincia, que se levou 20 casas, 10 alpendres, 7 naves e máis de 10 mil hectáreas calcinadas. Carmela Silva amosouse moi incomodada esta mañá co vicepresidente da Xunta, e pediu a Feijóo o cese de Alfonso Rueda. A vaga de lumes comeza a deixar os primeiros datos dos danos ocasionados na nosa provincia. Carmela Silva dixo que nunha primeira estimación fálase de máis de 10 mil hectáreas calcinadas, aínda que a presidenta considera que se trata dunha cifra moi aproximada xa que cree que se tratarán lamentablemente de moitas máis, ademais tamén se levou 20 casas, 16 delas eran habitadas, 10 alpendres e 7 naves. Dende xa a Deputación de Pontevedra pide ao Estado español e á Xunta de Galicia que se poñan a traballar no plan de axudas para todos os damnificados. Dende a Deputación dixeron esta mañá que sempre van a estar ao lado dos concellos, non como a Xunta de Galicia. Carmela Silva amosouse moi cabreada por unhas declaración de Alfonso Rueda onde supostamente dixo que parte da culpa desta propagación de incendios está no estado dos montes e polo tanto e responsabilidade tamén dos alcaldes, por estas declaracións Silva pide a Feijóo o cese inmediato de Alfonso Rueda. Dende a Deputación cree que é tempo de poñerse a traballar e lembraron que na vaga de lumes do ano 2006 o estado aprobou un decreto de axudas por un valor de 40 millóns de euros e a Xunta de 13. En total 53 millóns de euros. A presidenta agarda que tomen nota e que canto antes se poñan a traballar e pensen en todos os cidadáns damnificados por esta catástrofe medio ambiental.