A vida cultural e social paralízase polo coronavirus

PONTEVEDRA> O Covid chegou tamén á cultura. Diferentes empresas e colectivos da cidade decidiron cancelar todas as actividades programadas para os vindeiros días. Un feito que se estende tamén aos pubs pontevedreses.

A cultura sucumbe tamén ao coronavirus. Ante as recomendacións do Goberno e co obxectivo de frear a súa propagación, as asociacións culturais e os empresarios de Pontevedra decidiron suspender todas as actividades programadas para os vindeiros días. A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, o Cineclube ou a Libraría Paz  son algúns dos colectivos que se unen a esta decisión.

As salas de concertos e os pubs pontevedreses decidiron tamén chamar á responsabilidade social e pechar os seus establecementos.

Esta decisión traerá sen dúbida importantes perdas económicas e moitos dos empresarios temen que esta crise sanitaria se leve por diante os seus negocios.

A pesar do impacto económico que traerá esta decisión, pechar as portas é agora o máis sensato porque soamente quedándonos na casa conseguiremos frear o coronavirus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí