A Policía Nacional investiga o roubo de diverso material no ecoparque de Ribeira

RIBEIRA> O incidente vai obrigar á empresa concesionaria Golfiño Xestión de Ocio a retrasar a súa apertura, prevista en principio para estas datas de Nadal. Todo un material por valor aproximado duns catro mil euros. A empresa Golfiño, que resultou adxudicataria do concurso convocado polo Concello para a explotación deste espazo de lecer, xa cursou a súa correspondente denuncia. Á parte do custe económico, o incidente provocará un retraso na apertura das instalacións, xa que lle será practicamente imposible poder inauguralo na época de Nadal como tiña previsto. A empresa agarda agora á chegada do material novo para poder iniciar canto antes a actividade.