A Deputación presenta o seu programa para o 8 de marzo

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra presentou esta mañá as actividades que desenvolverá a institución provincial en relación co 8 de marzo. Unha programación que comeza mañá e que se prolongará ata o mes de maio.  O evento “Ramonas on Tour” e as xornadas “Muller e poder” e “As mulleres crean” son as tres grandes novidades deste ano.

O goberno provincial xa ten lista a súa programación para o próximo 8 de marzo. Carmela Silva remarcou esta mañá a importancia de que estas accións se estenda a todo o ano. Por iso, unha das principais novidades que organiza a Deputación é o “Ramonas on Tour”, unha actividade que pretende poñer en valor a todas as mulleres que teñen presenza no eido da cultura.

Outros dos eventos que levará a cabo a Deputación de Pontevedra son as xornadas “Muller e poder” e “As mulleres crean”. Dúas actividades que se levarán a cabo no Castelo de Soutomaior en abril e en maio, respectivamente.

Carmela Silva tamén quixo mandar unha mensaxe a todos os sindicatos para recordar que a folga do 8 de marzo dura 24 horas e é dirixida unicamente ás mulleres.

Ademais, co obxectivo de que a folga feminista deste ano sexa histórica e revolucionaria, dende mañá despregarase no Pazo provincial unha pancarta animando á participación de todas as mulleres na manifestación do 8 de marzo.

4 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí