PONTEVEDRA/SALNÉS> O Servizo Galego de Saúde recorre aos profesionais de enfermaría para paliar a falta de médicos nos Puntos de Atención Continuada dos centros de saúde. A medida comezará a implantarse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés e consistirá en formar á enfermaría para que saiban actuar nos PACS que non conten con médicos de garda. Dende a xerencia aseguran que a súa intención non é que substitúan aos facultativos pero si saiban como actuar nos casos urxentes.
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés bota man da enfermaría para paliar a falta de médicos nos Puntos de Atención Continuada dos centros de saúde.
Segundo o xerente, non se trata de que os profesionais de enfermaría asuman as competencias dos médicos. Senon que o obxectivo é que conten con protocolos escritos para que poidan tomar decisións.
José Flores tamén garantiu que naqueles PACs nos que non haxa médico de garda, o persoal reforzarase con dous profesionais de enfermaría.
Flores asegurou que o persoal de enfermaría conta tamén co apoio telefónico do médico de garda do 061.