Moreira: “os orzamentos de Pontevedra apróbanse en Santiago entre Ana Pontón e Martiño Noriega”

Pontevedra> Despois dunha primeira presentación das contas para o vindeiro 2018, hoxe a oposición fixo balance destes 74 millóns de euros. A Marea amosouse disposta a dialogar sempre e cando se cumpran os acordos plenarios, o PSOE tampouco pechou ás portas, e dende o PP dixeron que estes orzamentos xa están negociados en Santiago entre Ana Pontón e Martiño Noriega. Se onte Raimundo González daba a coñecer as liñas básicas dos orzamentos deste ano hoxe dende a oposición tamén analizaron estes 74 millóns de euros. Os primeiros en pasar pola sala de prensa foron dende a Marea de Pontevedra. Luis Rei amosouse aberto a dialogar sempre e cando se cumpran os acordos plenarios, dixo que ante esta negociación irán con tres liñas básicas, unha a loita contra a pobreza, a segunda o impulso ao emprego e a terceira a listaxe de obras necesarias que lles trasladan dende os barrios e parroquias da cidade. Dende o PSOE dixeron que están abertos a negociar, que eles non poñen liñas vermellas pero que ten claro que o Goberno Local buscará o seu apoio na coalición que manteñen coa Marea de Pontevedra. Dende as filas do PP din que en Pontevedra hai pouco que decidir en relacións aos seus orzamentos, xa que din, que dende o ano pasado as contas da cidade do Lérez se negocian en Santiago entre Ana Pontón e Martiño Noriega. Se todo segue segundo o previsto o borrador dos orzamentos para o vindeiro ano presentarase á oposición, con preferencia á Marea tal e como anunciou Raimundo González, na segunda semana de novembro co fin de aprobar estas contas na primeira quincena do mes de decembro.