O Concello terá que indemnizar á ex xerente do Pazo da Cultura por despedimento improcedente

PONTEVEDRA> A Xustiza cualifica como despedimento improcedente o cesamento da que fora xerente do Pazo da Cultura de Pontevedra. Agora, a administración local terá que indemnizar a Pilar Portela con 127.000 euros. A edil de Cultura xa anunciou que recorrerán a esta sentenza.

O pasado mes de decembro, o Concello de Pontevedra disolvía o organismo autónomo do Pazo da Cultura e, como consecuencia, Pilar Portela era despedida como xerente. Pouco máis tarde, a afectada decidía acudir aos tribunais para que o seu despedimento fose considerado nulo. Hoxe a Xustiza dálle a razón. O xulgado do social número 3 de Pontevedra asegura que o seu despedimento foi improcedente e o Concello terá que indemnizala con 127.000 euros.

Carme Fouces mostrou hoxe o seu descontento coa indemnización fixada e asegurou que Pilar Portela xa recibiu unha compensación económica cando foi cesada. Ademais, a edil de Cultura asegura que hai incoherencias con respecto ao cargo que ocupaba.

O que si houbo foi un erro no contrato que tiña Pilar Portela.

O  Concello asegura que recorrerá a esta sentenza ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí