Pontevedra converterase, do 2 ao 7 de xaneiro, na capital do balonmán

Pontevedra> A presidenta da Deputación, o alcalde de Pontevedra e o tenente de alcalde de Vigo asinaron os convenios que regulan as organización do Campionato Estatal de selección autonómicas e do Torneo Internacional de España. Dúas citas que se celebrarán do 2 ao 7 de xaneiro e que converterán a Pontevedra na capital do balonmán. Nestes eventos participarán máis de 2 mil xogadores, contará con 104 equipos e disputaranse 291 partidos. Todo listo para converter a Pontevedra na capital do Balonmán do 2 ao 7 de xaneiro. En primeiro termo coa celebración do Campionato de España de Seleccións Territoriais que se celebrará do 2 ao 7 de xaneiro, contará coa presenza de 2200 deportistas representando a 17 comunidades. Un evento onde se disputarán 291 partidos en 21 pavillón e contará coas categorías infantil, cadete e xuvenil masculina e feminina. O segundo destes eventos será o Torneo Internacional Memorial Domingo Bárcenas que se celebrará, do 5 ao 7 de xaneiro, no Municipal de Pontevedra e o pavillón vigués das Travesas. Unha cita que contará coa presenza da seleccións absolutas de España, Polonia, Bielorrusia e Arxentina. Dende Pontevedra amosáronse encantados de acoller eventos destas características, o alcalde dixo esta mañá que sempre que pode apostar polo deporte faino dun xeito decidido. E a presidenta da deputación, pola súa banda, animou a toda a cidadanía a gozar desta cita cun balonmán de primeira. As entradas para este eventos xa están á venda a través de www.marcaentradas.com e tamén poden adquirirse a través dos clubs de balonmán da cidade, do Teucro e do Cisne.