A transferencia da AP9 chegará de “pleno” este venres

 

Pontevedra> Este venres o Teatro Principal acollerá unha nova sesión do pleno ordinario do concello de Pontevedra. Sobre a mesa se debaterán 2 mocións do BNG, 3 do PP, dúas do PSOE, 2 da Marea e unha de Ciudadanos. A transferencia da AP9  e a interpelación do PP centrada nos terreos da Canicouva para a planta de compostaxe, entrarán de cheo neste pleno.

Este venres ás 10:30 da mañá o Teatro Principal acollerá unha nova sesión ordinaria do pleno da corporación. Sobre a mesa varias mocións, un total de 3, unha do BNG, outra da Marea e outra do PSOE, centradas na necesidade de que o Estado lle realice canto antes a transferencia da AP9 á Xunta de Galicia.

Ademais tamén haberá outra moción da Marea centrada no IBI, outra do PSOE pedindo equiparación salarial para os policiais nacionais, unha de Ciudadanos centrada no WIFI, e 3 do PP, unha delas centrada na ronda leste, para que non se coloquen lombos, outra na que solicitan a reforma do barrio de Mollabao e unha última centrada no pavillón de Monte Carrasco. Ademais presentarán unha interpelación centrada no estado dos terreos da Canicouva, destinados á planta de compostaxe.

O PSOE tamén presentará unha interpelación centrada no plan de compostaxe no barrio de Monteporreiro. O alcalde informou esta mañá que o día 20 ás 12:00 se celebrará o pleno extraordinario para facer entrega dos premios Cidade de Pontevedra. E que o vindeiro mes o día do pleno ordinario será, por motivo do entroido, o 9 de febreiro.