A Policía Nacional safisfeita coa baixa criminalidade en Pontevedra durante o 2017

Pontevedra> A Subdelegada do Goberno en Pontevedra presidiu esta mañá o acto institucional da conmemoración do 194 aniversario da Fundación da Policía Nacional, no que se destacou a redución da criminalidade, nun 1,5 por cento, na provincia durante o pasado 2017. O comisario provincial dixo que un dos obxectivos deste ano será a loita contra a violencia de xénero dende este corpo de seguridade.

O comisario provincial da Policía Nacional amosouse satisfeito con índices de criminalidade cos que se pechou o 2017, un ano onde houbo unha redución do 1,5 por cento en relación ao 2016.

O 2017 deixou un descenso en furtos, agresións sexuais e un repunte en relación aos malos tratos, un repunte que chega debido ao aumento de denuncias. O comisario dixo que a loita contra a violencia de xénero será un dos obxectivos deste 2018.

En relación ao tráfico de drogas o comisario sabe que é un tema que non decae e lembrou as tres incautacións de heroína que tiveron lugar no pasado ano.

En relación ás instalacións da comandancia o comisario anunciou que a vindeira semana comezarán a reforma da fachada, en relación á espacio dixo que a día de hoxe contan co espacio necesario e no tocante á plantilla dixo que comezan a ver a luz ao final do túnel.

En relación á equiparación salarial que demandan dende este corpo e a Garda Civil o comisario dixo que é algo que seguirán demandado e agradeceu a boa sintonía do Ministeri de Interior que se amosa dacordo coas demandas destes dous corpos de seguridade estatal.