A Deputación dirá porqué “Somos historias” en Fitur

Pontevedra> O Patrimonio da provincia de Pontevedra, ese será o eixo principal co que a Deputación chegará a FITUR 2018. A presentación será o xoves ás 12:00 e chegará baixo o lema “Somos historia”. Para achegar a cultura patrimonial da provincia a actriz Patricia Torres nos levará a distintos puntos e irá descubrindo a figura de María Vinyals.

O patrimonio da provincia  de Pontevedra será o tema protagonista da Deputación nunha nova edición da Feira Internacional de Turismo que dende maña se celebra en Madrid. Unha cita importante onde estará presente o patrimonio fortificado, o arqueolóxico, o paisaxístico, o literario, o relixioso e espiritual, o inmateiral (a través de mitos, lendas e tradicións), o natural e o etnográfico e cultural.

A actriz da provincia pontevedresa, Patricia Torres, será a encargada de levarnos polos distintos puntos importantes da nova provincia e a encargada tamén de darnos a coñecer a figura de María Vinyals.

Carmela Silva sinalou que o turismo cultural é moi importante, xa que o as persoas que se moven por este motivo gastan unha media ao día de 68 euros fronte aos 29 dos turistas que chegan motivados polo sol e praia. A presentación de SOMOS HISTORIA terá lugar en FITUR o 18 de xaneiro, este xoves ás 12:00 da mañá.