Pontevedra> Situar a Pontevedra como unha cidade de referencia no turismo deportivo, ese é o obxectivo co que a Cidade do Lérez chega a FITUR. O alcalde dixo que o World Multisport Pontevedra 2019 será o eixo único co que chegarán a Madrid dende a Boa Vila. Unha actividade que terá lugar a finais do mes de abril do vindeiro ano e que moverá, segundo a Lores, a máis de 10 mil persoas, entre triatletas e acompañantes.
Pontevedra tamén terá a súa representación na Feira Internacional de Turismo que dende mañá acollerá un ano máis o IFEMA de Madrid. A Boa Vila chegará cunha proposta específica, posicionar á capital de provincia como unha cidade de referencia no turismo deportivo.
Lores lembrou que o 2019 será un ano moi importante para Pontevedra deportivamente falando, acollerá o Campionato Mundial Junio de Balonmán, o campionato europeo de Loita e como non, a finais de abril comezos de maio, o WORLD MULTISPORT PONTEVEDRA, que contará cun importante compoñente turístico.
O alcalde ponteciará este evento en FITUR, unha cita, o world Multisport Pontevedra 2019 onde estima que traerán á cidade e a concellos limítrofes a preto de 10 mil persoas.
A exposición de Pontevedra en Fitur terá lugar este xoves 18 de xaneiro ás unha da tarde no Pavillón de Galicia.