A revitalización do Mercado será unha realidade a finais do 2018

Pontevedra> A revitalización do Mercado, e as obras e cambios neste punto imporante da cidade estarán rematados neste 2018. Así  o confirmou Anabel Gulías esta mañá. Pola súa banda dende a Praza din que o proxecto está ben pero que antes de executar estes traballos hai moitas máis demandas ás que dar resposta dende a Praza.

Para a concelleira de Mercados a revitalización da Praza de Abastos é un dos obxectivos principais deste mandato.

Unha revitalización que chegou cun novo regulamento e tamén co tema das autorizacións.

Dende o concello concederon xa 10 autorización a establecementos sobre todo de peixe. Anabel Gulías agarda poder rematar con este proxecto do Mercado a finais deste 2018.

E coas valoracións da concelleira tamén quixemos ir ao mercado, alí as praceiras piden que se lles escoite e que se teña en conta a súa opinión. Consideran que o proxecto está ben pero que antes de realizar este tipo de investimentos habería que realizar melloras, varias melloras e demandas na planta primeira do Mercado.

Con todo, dende o concello din que seguirán as pautas marcadas segundo o seu proxecto e que a finais deste 2018 será xa unha realidade.