A Tomada contará cunha gardería o próximo curso

POBRA> A gardería do polígono da Tomada podería estar en funcionamento para o vindeiro curso. A asociación de propietarios vén de recibir unha subvención de douscentos mil euros para acometer o proxecto, despois de que tiveran que concorrer novamente á convocatoria de axudas por unha serie de retrasos nos prazos administrativos.

Agora sí. Xa se pode dicir que o polígono da Tomada, na Pobra, contará nos próximos meses cunha gardería infantil. O retraso dos prazos administrativos obrigou á asociación de empresarios a renunciar á primeira subvención concedida para a construcción da instalación. Agora, tras concorrer a unha nova convocatoria disponen xa de douscentos mil euros para acometer as obras.

Á espera de obter a licenza de obra, a emtidade estuda xa as propostas económicas para acometer o proxecto que xa está redactado. Prevén que as obras poidan estar en marcha no mes de febreiro co que a gardería podería comezar a prestar servizo de cara ó próximo curso.

Inicialmente contará con corenta e unha prazas que se irán axustando en función das necesidades dos traballadores do polígono.