As matrioskas promocionan os encantos das Rías Baixas

PONTEVEDRA> Turismo Rías Baixas quece motores para dar un paso adiante no seu traballo de promoción do destino. Baixo o lema “Moito que descubrir” e coas matrioskas como imaxe, a Deputación ofrece razón para festexar, saborear, camiñar e descubrir o destino en catro eixos: os seis camiños a Santaigo, os Festivais Rías Baixas, o enoturismo e a calidade dos establecementos. Que nas Rías Baixas queda aínda moito por descubrir, é a idea coa que o destino quere abrirse ao mundo. As bonecas rusas matrioskas comporán a imaxe da campaña, transmitindo unha mensaxe de amizade, acollida e descubrimento. A Deputación dá razóns para festexar, saborear, camiñar e descubrir o destino, a través de catro eixos: os Festivais Rías Baixas, o enoturismo, os camiños de peregrinación a Santiago e a excelencia das empresas turísticas. En cifras, seis rutas de peregrinación a Santiago atravesan 33 concellos pontevedreses, e durante o 2016 foron preto de 65.000 persoas as que as percorreron. Os sete Festivais Rías Baixas xeraron un impacto económico de 15 millóns de euros, crearon 1.500 postos de traballo e contaron cunha asistencia de máis de 200.000 persoas. Ademais, 29 concello teñen cultivos e actividade vitivinícola e enoturística, e 203 empresas xa contan co distintivo de calidade SICTED. Precisamente, a Deputación organizará actos promocionais en Vigo, Madrid, Lisboa e Porto, ademáis de coordinar eventos coas Casas de Galicia que se atopan no estranxeiro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/28/ptac_turismo_rias_baixas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/28/ptac_turismo_rias_baixas.mp4{/flowplayer}