Pontevedra estreará unha ordenanza de mobilidade centrada nos peóns e nos redutores de velocidade

PONTEVEDRA> Neste 2020, o Concello de Pontevedra estreará unha nova ordenanza de espazos públicos e mobilidade amábel. Unha normativa que se centra en concretar o que é a prioridade peonil e en regular os redutores de velocidade. A intención do goberno municipal é que sexa aprobada no pleno de febreiro.

O Concello de Pontevedra conta xa cun borrador da nova ordenanza de espazos públicos e mobilidade amábel. Unha normativa centrada en dous aspectos claves: regular os redutores de velocidade e concretar o que é a prioridade peonil.

Nesta nova ordenanza prohíbese a circulación das bicicletas e dos vehículos de mobilidade peonil polas beirarrúas. En canto ás pistas do rural, estas pasan a ter consideración de preferencia peonil.

César Mosquera fixo fincapé na importancia de reforzar o carácter peonil da cidade. Por iso, o edil nacionalista recordou que os vehículos soamente poderán circular polos espazos definidos para eles.

O borrador desta ordenanza está xa en mans dos distintos departamentos do Concello e o obxectivo do goberno municipal é que sexa aprobada no pleno de febreiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí