Sáenz de Santamaría comeza a súa campaña en Galicia na cidade de Rajoy

[

Pontevedra. A candidata á presidencia nacional do PP, Soraya Sáenz de Santamaría visitou hoxe a Pontevedra. Unha cita que tivo lugar na sede de AFundación e onde se reuniu cos compromisarios da provincia de cara ao XIX Congreso do Partido Popular. O obxectivo deste encontro é o de presentar o seu proxecto de partido. Saénz de Santamaría dixo que o apoio da candidatura de Cospedal a Casado a facía máis forte, e lembrou que na primeira volta destas primarias foi, sen lugar a dúbidas, a primeira opción.

Acto de campaña de cara á presidencia do partido de Soraya Saénz de Santamaría en Pontevedra. A candidata dixo esta tarde que se sentía con forza e que o feito de que os pre candidatos apoien a Casado para ela non significa nada.

Pese a que cos votos dos precandidatos a vitoria de Casado está sobre a mesa Saénz de Santamaría ten claro que os compromisarios son libres á hora de votar.

En relación ao posicinomento do PPdeG e do Presidente da Xunta de Galicia, Feijóo ten claro que de momento non se van a posicinar facilitando así as campañas de ambos candidatos á presidencia.

Por certo que Feijóo tamén falou da reunión que mañá manterá co presidente do Goberno, con Pedro Sánchez o presidente ten claro que esixirá que se comprometan os proxectos aprobados nos orzamentos xerais do estado.

Un acto de campaña que tivo lugar no edificio de Afundación de Pontevedra. Saénz de Santamaría elixiu a cidade de Rajoy para iniciar a súa campaña en terras galegas de cara esta elección á presidencia do PP nacional.