Fenosa xa pode retirar a liña de alta tensión que pasa por Monte Porreiro

Pontevedra>  A CIG convoca unha mobilización para este mércores 31 de xaneiro ás 12 da mañá na Praza da Peregrina. O obxectivo denunciar ás constantes ameazas nas pensións dos xubilados por parte do Goberno Central. Unha cita onde recollerán sinaturas co fin de continuar loitando por unhas pensións dignas.

Dende a CIG denunciar o trato que os xubilados están recibindo por parte do Goberno Central en relacións ás pensión, para isto convocan unha mobilización este mércores 31 de xaneiro ás 12 da mañá co fin de dar resposta a políticas da mentira que levan a cabo, din, dende o Goberno de Mariano Rajoy que trata de xustificar o inxustificable.

Dende o colectivo de pesionistas da CIG lembran que non están loitando por nada que non lles pertenza, que están loitando por unha pensión digna pola que levan traballando toda unha vida.

Dende o colectivo de emigrantes retornados, tamén presentes nesta rolda de prensa, puxeron sobre a mesa un dato escalofriante, que unha de cada 4 mulleres maiores de 60 anos están por debaixo da liña de pobreza.

Dende a CIG convidan a todo o mundo a participar nesta mobilización que terá lugar en Pontevedra na Praza da Peregrina ás 12 da mañá unha cita que se repetirá nas 7 grandes cidades galegas co fin de reivindicar unha pensión digna para todos os xubilados.