Lois ‘Pachita’ gaña o Trail da Cidá de Ribeira

RIBEIRA> Lois Rodríguez ‘Pachita’ converteuse no gañador do Tral da Cidá disputado este domingo en Ribeira. O padronés logrou un tempo de unha hora, sete minutos sacándolle un minuto de distancia ó segundo clasificado, Samuel Saborido.

O Trail da Cidá de Ribeira abriu este domingo o Circuíto Arousa Norte 2018-Revolutrion Trail Series. Dos trescentos vinte corredores que tomaron a saída conseguiron chegar á meta 285. Nesta primeira proba disfrutaron dunha xornada soleada, aínda que non por iso menos dura, para completar os máis de catorce quilómetros de percorrido con importantes desniveis, especialmente na suba dende o parque natural do Vilar.

O mellor tempo na clasificación xeral foi para Lois ‘Pachita’, do Club Revolutrion, que completou o circuíto nunha hora, sete minutos, e trinta e oito segundos. Xunto a el, na categoría de senior masculino completan o palmarés, Samuel Saborido e Estaban Toucedo. Silvia Casal, María Mareque e Vanesaa Maneiro firmaron os mellores resultados en senior feminino.

No que respecta a veteranos, encabeza o ránking Ramón Folgar que logrou o terceiro mellor tempo na xeral, seguido de José Manuel Nieto e Gonzalo Rodríguez. E na categoría feminina de veteranas venceron Beatriz Barroso, María Fabeiro e Serafina Pereira.

Na entrega de premios, presidida polo alcalde Manuel Ruíz, houbo tamén un recoñecemento ó mérito deportivo para Fernando Carvallo, un rapaz de AMBAR que participou na carreira tras dous meses adestrando. A vindeira cita será o dezaoito de febreiro no Trail de San Isidro que terá lugar na Pobra