A substitución dos arames, outra das tarefas a realizar nos viñedos

CAMBADOS> A parada vexetativa é un bo momento para realizar tarefas de mantemento nas estruturas dos nosos viñedos. É o caso da substitución dos arames, retirando os vellos e empregando uns de maior resistencia e que soportan mellor o paso do tempo e o peso da planta. Trátase dunha tarefa que se realiza de xeito artesán, e en Martín Códax teñen unha cuadrilla formada para realizar o traballo. Falamos co técnico de campo Xaquín Martínez.