Vilagarcía será ‘Diversa e Orgullosa’ durante todo o verán

VILAGARCÍA> Vilagarcía será unha vila diversa e orgullosa durante todo o verán. O concello aposta por estender a celebración do Día do Orgullo, para favorecer a visibilidade do colectivo LGTBI+. Unha proposta na que se mesturan o cine e a música.

Vilagarcía celebrará o Día do Orgullo durante os meses de xullo e agosto. A vila declárase diversa e orgullosa, e programa dúas actividades para reivindicar o colectivo LGTBIQ+.

Con este obxectivo, o concello bota man dun ciclo de cine. Programarán dúas películas centradas nesta temática, que virán seguidas de coloquios con persoas relacionadas co colectivo. Proxectaranse o 11 e o 18 de xullo no Salón García ás 9 da noite. O ciclo despedirase o día 23 cunha programación especial o día 23 na praza de Ravella.

O Orgullo chegará tamén ás festas de San Roque. Repítese a fórmula do ano pasado, e o día 17 de agosto celebrarase unha sesión vermú especial.

Todas as actividades serán de carácter gratuíto.