AMBAR expón en Porto do Son trinta e cinco anos de traballo

    PORTO DO SON> A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá ata finais de mes unha exposición que conmemora o trinta e cinco aniversario da asociación  AMBAR. Un percorrido difícil pero frutífero ó longo do que se teñen conseguido importantes melloras nos dereitos das persoas con diversidade funcional. Tralo seu paso por Ribeira, a exposición AMBAR recala agora na casa de Porto do Son onde permanecerá durante todo o mes de febreiro. Trátase dunha mostra elaborado polos usuarios da entidade que recolle a historia da asociación nestes trinta e cinco anos de vida a través das publicacións en prensa. A súa presidenta, Milagros Rey, agradeceu a oportunidade que supón expoñer nun lugar tan concorrido como a casa da cultura sonense para achegar o seu labor á cidadanía. Detsacou a importancia da evolución da sociedade nos últimos anos en materia de igualdade e avogou, unha vez máis, por  facer valer dende a administración os dereitos das persoas con diversidae funcional. Tralo seu paso polo Son, a mostra terá unha nova cita na Pobra. O obxectivo de AMBAR é levar a exposición por tódolos concellos do Barbanza e mesmo de fóra da comarca.