Chega unha nova edición do ‘Superofertón’ de Noia Histórica

NOIA> Na campaña comercial, que arranca este vindeiro venres e se prolongará ata o domingo, participan uns vinte comercios.

Esta mañá presentábase na sede da patronal noiesa unha nova edición do ‘Superofertón’ na que tomarán parte uns vinte comercios da vila. A campaña estará moi condicionada pola actual situación derivada da covid, extremándose nas tendas participantes as medidas de seguridade e hixiene.

Durante toda a fin de semana ofreceranse grandes descontos nas prendas de temporada, que nalgúns casos chegarán ata un 70%.

Dende o executivo noiés, que colabora con Noia Histórica nesta iniciativa, animan á veciñanza a facer as súas compras na localidade.

Como é habitual os establecementos participantes no Superofertón estarán identificados con cartaces específicos da campaña.