O concello inicia o proceso para o acondicionamento integral da Xunqueira de Alba

Pontevedra> O concello de Pontevedra acaba de rematar o proxecto de acondicionamento da Xunqueira de Alba, unha iniciativa que en breve pasará a contratación cun prezo de licitación de máis de 195 mil euros. Uns traballos que estarán rematados, segundo o voceiro do Goberno Local, para este verán.

A Xunta de Goberno Local deu hoxe o visto bo ao inicio do procedemento para a renovación de todos os vaos da cidade, co fin de actualizar todas estas sinais de pasaxe.

Ademais esta mañá o voceiro do Goberno Local tamén informou de que o concello acaba de rematar o proxecto de acondicionamento da Xunqueira de Alba que en breve pasará a licitación  cun orzamento de máis de 195 mil euros e un prazo de execución de 3 meses.

Nas vindeiras semanas comezará o proceso de execución da obra, de tal xeito que poida estar lista de cara ao verán.