Barro réndese aos seus viños

BARRO> Barro viviu por todo o alto a cadraxésimo cuarta edición da súa Festa do Viño. O Pazo da Crega foi o escenario principal dun evento que atraeu ata a localidade a ducias de amantes dos viños de Rías Baixas. O albariño Pionero Maccerato, fíxose co primeiro premio do certame deste 2023. Ademais, o cartel completouse con propostas gastronómicas, moita música e varios eventos deportivos. 

Música, gastronomía, moita troula, actividades paralelas e, como non, viño. Estes foron os ingredientes da cadraxésimo cuarta edición da Festa do Viño de Barro. O evento reuniu no Pazo da Crega a centos de persoas.

Neste edición, o pregón correo a cargo da agrupación de baile tradicional Amor Ruibal, que celebra neste ano os seus 40 anos de vida.

O evento conta co apoio da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Como é habitual un dos pratos fortes da festa é a cata de viños. No certame deste ano, o primeiro premio foi para o albariño Pionero Maccerato, da adega Viña Almirante.

O podio completouse con Santiago Roma Selección no segundo posto e Sin Palabras, de Adegas Castrobrey, no terceiro. Tamén se repartiron os diferentes galardóns aos viños de autor, tinto país, caíño e elaboracións especiais.