O PP de Vilagarcía denuncia o abandono en materia turística de Ravella

VILAGARCÍA> O PP de Vilagarcía considera que dende o concello non se están facendo ben as cousas en materia turística. Os populares sinalan importantes erros que se recollen na web municipal e destacan a importancia do sector para unha vila cos servizos que ofrece a capital de Arousa na actualidade.
O PP de Vilagarcía considera que non se está a promocionar turísticamente o municipio. Un sector que para o popular, Alfonso Gallego, é fundamental, debido a moitos aspectos, entre os que destaca as boas comunicacións da vila co resto de Galicia, en especial por ferrocarril. Gallego afirmou que dende o grupo municipal do PP en Vilagarcía, xa se dou entrada oficial a un documento no que se mostran as súas queixas ao respecto.
Ademais denuncian deixadez na xestión da web municipal, xa que o líder dos populares vilagarciáns, afirma que aparecen numerosos negocios recomendados que xa levan anos pechados.
Unha situación que pouco ou nada gusta aos populares, que plantexan a creación dun plan estratéxico para dar impulso ao municipio como destino, porque segundo, Alfonso Gallego, Vilagarcía estáse quedando atrás con respecto a outros concellos da comarca máis pequenos.