O BNI chega a Pontevedra para facer do boca a boca unha estratexia de marketing

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/10/previa_bni_gran_bazan.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/10/previa_bni_gran_bazan.mp4{/flowplayer} 

 

CAMBADOS> Preto de 200 empresarios pontevedreses daranse cita este mércores na adega Agro de Bazán. Será na presentación do Grupo de Empresarios BNI de Pontevedra, unha agrupación de profesionais que busca conseguir o crecemento dos negocios dos seus membros  cunha estratexia baseadas nas referencias e no boca a boca.

Os que dan, recibirán é a filosofía na que se basea o funcionamento do BNI.

BNI ten máis de 160 mil membros en máis de 50 países. Agora, este grupo de empresarios chega a Pontevedra composto por 30 compañías de diferentes áreas.

O obxectivo é que os membros teñan a oportunidade de compartir ideas, contactos e referencias de negocio, actuando como un equipo de marketing para os demais. Para iso contan cun protocolo de funcionamento e xuntanzas semanais.

Precisamente, a Adega Gran Bazán será o escenario da presentación en sociedade do grupo pontevedrés, que se celebrará este mércores.

Ademais dos 30 empresarios que compoñen o BNI pontevedrés, cada un levará á presentación 5 ou 6 invitados, polo que se calcula que o evento reunirá a preto de 200 persoas de diferentes sectores do tecido empresarial pontevedrés.