A adega Martín Códax en versión 4.0

CAMBADOS> A adega cambadesa Martín Códax participou na I Edición dos Premios e Proxectos Piloto Industria 4.0 organizados polo Instituto Galego de Promoción Económica. Co gallo da súa participación neste certame, o director do IGAPE visitou as súas instalacións para coñecer in situ o funcionamento do proxecto presentado.

O director do Instituto Galego de Promoción Económica estivo en Cambados, concretamente na adega Martín Códax, onde se interesou polo proxecto presentado por esta empresa aos I Premios Piloto Industria 4.0 que se organizan dende o seu departamento.

Miguel Tubío, responsable técnico da adega, explicou aos medios en que consiste este proxecto que lles permitirá optimizar os recursos existentes.

O IGAPE recoñece aos seleccionados con dúas liñas de axudas sobre unha proposta da financiamento global que recoñece un aspecto técnico por unha banda, e outro máis centrado no desenrolo, pola outra.

O xerente da entidade mostrouse satisfeito co traballo realizado con este proxecto 4.0, e recoñeceu que esta industria aporta un maior valor ao produto final.