Portos executou o 80% do orzamentos en inversións o pasado 2017

Pontevedra> O presidente de Portos de Galicia informou esta mañá de que, o ente que dirixe, pechou o exercicio do 2017 cun índice de execución orzamentaria do 80 por cento das inversións. No tocante a recadación e facturación Portos chegou aos 17 millóns de euros, un 2 por cento máis que no ano anterior.

O Presidente de Portos de Galicia anunciou esta mañá o balance tralo primeiro Consello de Administración do ano de Portos de Galicia. Unha reunión onde se deu conta dunha serie de temas que teñen que ver coa xestión portuaria do ano 2017 e a execución orzamentaria.

No conxunto da recadación e facturación dende Portos chegaron aos 17 millóns 400 mil euros o que supón un incremento do dous por cento.

Ademais co peche do orzamento, no capítulo VI, o de investimentos, dende Portos de Galicia estiveron nun 80 por cento de execución presupuestaria.

Con estes datos sobre a mesa dende Portos de Galicia realizan unha valoración moi positiva e márcanse como obxectivo continuar nesa senda e incluso mellorar os datos do pasado 2017.

Dende Portos de Galicia teñen claro que a promoción nacional e internacional está recollendo os seus froitos, unha promoción que continuará con intensidade ao longo deste 2018.